A oferta de LA CESTA NATURAL a través da tenda virtual www.lacestanatural.es propiedade de MARÍA JESÚS EXPÓSITO SEGADE, con NIF33278838T, e enderezo social en Avda. da Mahía, 79 Baixo (Bertamiráns) 15220 Ames, A Coruña, España, con nº de rexistro sanitario 9902 2760C rexirase conforme ás seguintes:

Definicións e Aclaracións

CLIENTE.- Consideraremos CLIENTE a todo aquel internauta que rexistre voluntariamente os seus datos na tenda virtual www.lacestanatural.es coa finalidade de realizar unha compra.

PARTE VENDEDORA.- A PARTE VENDEDORA é MARÍA JESÚS EXPÓSITO SEGADE, en diante LA CESTA NATURAL.

CONDICIÓONS XERAIS DE CONTRATACIÓN.-Son as normas que rexen a compra e son fixadas unilateralmente por LA CESTA NATURAL

Calquera controversia ou conflito entre o CLIENTE e A PARTE VENDEDORA, que exceda á regulación destas Condicións Xerais resolveranse conforme a lexislación aplicable.

En LA CESTA NATURAL reservámonos o dereito a modificar, total o parcialmente, estas condicións xerais, sendo de aplicación as novas que acorde desde o momento da súa publicación na páxina.  En calquera caso, as devanditas modificacións non tenrán efectos retroactivos sobre os bens ou servizos xa previamente contratados polos CLIENTES.

Lexislación aplicable

As nosas Condicións Xerais establécense de conformidade ao previsto na lei española vixente en cada momento, e en particular na  Lei 26/84 de 19 de xuño Xeral para a Defensa de Consumidores e Usuarios, Lei 7/98 do 13 de abril de Condicións Xerais da Contratación, Lei 47/2002 d Ordenación do Comercio Minorista, Código Civil, Directiva 2000/31 CE do Parlamento Europeo e do Consello de 8 de juño, Lei 34/2002 de 11 de xullo de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, Lei 23/2003 de 10 de xullo de Garantías en la venda de Bens de Consumo e demáis leis aplicables e da súa normativa de desenvolvemento.

 Rexistro e compra

1º) Rexistro de CLIENTE

Para realizar a súa compra, deberá rexistrar os seus datos persoais necesarios para a formalización do contrato de compravenda.

Este sistema de rexistro persoal completarase coa designación pola súa parte dunha clave de acceso personalizada (correo electrónico) e un contrasinal que se lle facilitará en futuras operacións de compra.

Como CLIENTE, comprométese a asegurar a confidencialidade da súa propia clave de acceso e do seu contrasinal. LA CESTA NATURAL non aceptará ningunha responsabilidade derivada do incorrecto uso ou neglixencia no cumprimento da súa obriga de confidencialidade dos seus claves de acceso.

2º) Solicitude do Pedido

Como visitante da web dispón dunha cesta da compra, na que cargará os produtos que desexe comprar.

Antes de rermatar a compra, deberá cubrir seus datos, sendo a partir dese momento considerado o noso CLIENTE.

Para formalizar a compra, deberá marcar a casiña “Lin e concordo coas Condicións Xerais de Contratación, e se considerará que as entendes e aceptas plenamente. Se polo contrario non marca a casiña “Lin e concordo coas Condicións Xerais de Contratación”, concluirá a operación e non comportará a asunción de ningún tipo de obrigación pola súa parte.

Unha vez realizada a Solicitude de Pedido a través da páxina web, recibirá unha mensaxe de correo electrónico confirmando que a solicitude fora enviada correctamente.

3º) Prezos, ofertas e reservas

Os prezos indicados na pantalla ao lado de cada produto serán expresados en euros co IVE (Impuesto sobre o Valor Engadido) incluido no mesmo. A este prezo sumarase posteriormente os custes de envío correspondentes en cada caso.

Nalgunha ocasión poderán aplicarse recargos pola xestión de pedidos. Eses recargos aparecerán na cesta da compra antes de que o CLIENTE finalice a Solicitude de Pedido e cunha nota explicativa.

As ofertas estarán debidamente marcadas e identificadas como tales.

En LA CESTA NATURAL reservámonos o dereito de efectuar, en calquera momento e sen previo aviso, as modificacións que consideremos oportunas, puidendo actualizar diariamente produtos e prezos en función do mercado. O prezo aplicable á solicitude de pedido efectuada polo CLIENTE será o que conste no momento de aceptar as Condicións Xerais de Contratación.

Se desexa coñecer a información alimentaria dalgún dos nosos produtos.

4º) Aceptación do pedido e cláusula resolutoria

No momento de formalización do pedido enténdese prestado o consentimento do CLIENTE para a validez e eficacia do contrato de compravenda que obriga ás partes.

5º) Formas de pago:

Poderá abonar as súas compras por adiantado, no momento de envío da Solicitude de Pedido, utilizando calquera das tarxetas de crédito especificadas en Métodos de Pago.

Este comerciante comprométese a non permitir ningunha transacción que sexa ilegal, ou se considere polas marcas de tarxetas de crédito ou o banco adquirinte, que poida ou teña o potencial de danar a boa vontade dos mesmos ou influir de maneira negativa neles. As seguintes actividades están prohibidas en virtude dos programas das marcas de tarxetas: a venda ou oferda dun produto ou servizo que non sexa de plena conformidade con todas as leis aplicables ao Comprador, Banco Emisor, Comerciante, Titular da tarxeta, ou tarxetas.

As seguintes actividades tamén están prohibidas explícitamente: "Venda de bebidas alcohólicas a menores de 18 anos"

Poderá se o desexa pagar en efectivo no domicilio, ao recibir o pedido.

6º) Envíos e prazos de entrega. Enviaremos o pedido ao enderezo indicado na solicitude, entregarémosllo nun periodo máximo de 72 horas.

Se se producise algunha incidencia que nos impida facer chegar o pedido a tempo, comunicarémosllo para que decida se desexa desistir do pedio ou se ben aceptas o retraso.

7º) Desestimiento/Revocación unilateral do pedido solicitado:

Debido á caducidade do produto comercializado, non é posible desistir da compra, de xeito que unha vez realizada, non haberá lugar a desistir da mesma, de maneira que só se aceptarán con causa xustificada.

Se ao recibir o pedido non está conforme co produto que se lle entrega, deberá consignar no albará a causa da súa disconformidad, e desde LA CESTA NATURAL estudaremos a súa queixa e a aceptación da devolución.

8º) Exoneración de responsabilidade

LA CESTA NATURAL non responderá polas interrupcións que se produzan nos servizos eléctricos ou de telecomunicacións que impidan aos CLIENTES utilizar os servizos ofertados.

9º) Xurisdicción

Estas Condicións Xerais réxese pola lei española. as partes sométense, á súa escolla, para a resolución dos conflitos e con renuncia a calquera outro foro, aos xulgados e tribunais do enderezo do usuario/cliente.